sábado, 6 de noviembre de 2021

O CASTIÑEIRO (Castanea sativa) 

Autora: Sara Rey Martínez 

O castiñeiro ou castanea sativa recibe numerosos nomes, por exemplo, tamén pode ser chamado bravo, castiro, uriceiro ou castieiro. Noutros idiomas castiñeiro é chamado: árbol del castaño, en castelán; chesnut tree, en inglés; châtaignier en francés; ou castanyer en catalán. 

Castiñeiro milenario 

Variedades 
En Europa só temos unha especie de castiñeiro, a castanea sativa. 
As especies asiáticas son: castanea crenata (de Xapón), e castanea mollissima (da China). 
        Castanea crenata   
    
      Castanea mollissima 

                                                                                             
As especies americanas son: castanea dentada e castanea pumila. 

Outras especies son: castanea alnifolia, castanea ashei, castanea floridana e castanea paupispina, pero son moi similares a castanea pumila. 


 
Castanea dentata


  Castanea pumila 

Características 
As follas 
 As follas dos castiñeiros acostuman medir 8-22 por 4,5-8 cm. A forma é elíptica, teñen un marxen aserrado e unha venación pinada. 

Talo 
O talo é leñoso e de ata 2 metros de diámetro. Ten unha codia lisa ata os 15-20 anos, despois cambia a unha cor máis escura e cunha superficie agrietada. 

Flores 
As flores teñen gametos masculinos e femininos. 
O castiñeiro é unha árbore anxiosperma polo que ten flor, semente e froito. 


Raíces 
Como pasa con todas as plantas adquiren sales minerais e auga polas raíces pero tamén lles serven para comunicarse entre as árbores através das microrrizas: fungos que se conectan entre eles e coas raíces. 


O froito: a castaña 
Os froitos atópanse en grupos de 2 ou 3 castañas, recubertas por unha capa verde con espiñas chamada ourizo. O ourizo pode chegar a ata 4 centímetros de diámetro. 



USOS MEDICINAIS

Os taninos son uns compoñentes dos castiñeiros que lles outorgan propiedades medicinais. O castiñeiro é utilizado para a diarrea, a tose e tamén para feridas externas. Serve para tratar a gastrite. Mediante infusións, purés, etc. 

USOS CULINARIOS 

A parte do castiñeiro que se come son as castañas. Estas soen servirse: crúas, fervidas, moídas en forma de fariña para facer distintas cousas, ou deshidratadas. Pero sobre todo comémolas asadas. 




O MAGOSTO 

O magosto é unha festa típica de Galicia, Cantabria, Palencia, Asturias, León, Zamora, Salamanca e Cáceres. Adoitase celebrar entre as últimas semanas de outubro e as primeiras de novembro.

Agora ben, en Ourense a festa atrasouse ata o día de San Martiño, o 11 de novembro,  Nela acóstumase asar castañas (que é o alimento protagonista), chourizos, e outros produtos da matanza. 





Bibliografía 
- Me huele a quemao 
- Wikipedia 
- Castanea crenata 
- Castanea molissísima 
- Botánica online

  DÍA DA PAZ Unha das actividades do día de hoxe. Uns artistas!