martes, 21 de diciembre de 2021


 

Carta aberta aos meus alumnos e alumnas:

Hoxe foi un día especial, porque se acabou o trimestre, porque chega o Nadal … Pero non estabades todos, por diversos motivos. Non obstante na miña mente e no meu corazón estivestes todos.

Quero darvos as grazas con esta pequena homenaxe. Grazas por ser tan estupendos, por ser tan obedientes, por ser responsables, por ser respectuosos, polos momentos que rimos xuntos… Grazas por todo, non me podo sentir máis orgullosa de ser a vosa mestra.

Descansade, pasádeo moi ben nestas festas e coidádevos moito.

Con todo o meu afecto

Carmen

  DÍA DA PAZ Unha das actividades do día de hoxe. Uns artistas!